VISITAS GUIADAS PARA GRUPOS "CONVIDADAS: Dúas miradas de Zuloaga"

Ata o 21 de febreiro de 2025
-
Mañás, a partir das 12:30 h / Tardes ás 17:30 e 19:00 h
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Monitor:
Mar López Vidal y Eva Méndez Cores
Público:
Grupos e asociacións culturais

Dentro do marco da exposición Convidadas:  Dúas miradas de Zuloaga, o Museo de Belas Artes da Coruña organiza visitas didácticas para grupos e asociacións culturais para coñecer en profundidade os dous retratos femininos realizados por Ignacio Zuloaga, pertencentes á colección do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía e que supoñen dúas miradas contrapostas sobre a imaxe da muller. 


Datas: desde o 26 de novembro de 2024

Horario:

  • Mañás: a partir das 12:30 horas.
  • Tardes: ás 17:30 e 19:00 horas.

Información xeral:

A visita ten unha duración aproximada de 1 hora, en cada horario só poderá entrar un grupo de 20 persoas.

Todas as visitas son de balde previa reserva.

Inscrición:
  • Inscrición online aquí, indicando na mensaxe que a solicitude é para visitas á mostra Convidadas: Dúas miradas de Zuloaga
  • A través do correo electrónico: mu.belas.artes.difusion@xunta.gal