VISITAS GUIADAS PARA GRUPOS E ASOCIACIÓNS CULTURAIS "Viaxar para pintar. Sorolla en Galicia"
24.11.2023 - 09.03.2024
-
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Monitor:
Sara Fraga Pérez
Público:
Grupos e asociacións culturais
Prazas:
20
Lugar:
Museo de Belas Artes da Coruña
Dentro do marco da exposición Viaxar para pintar. Sorolla en Galicia o Museo de Belas Artes da Coruña organiza visitas didácticas para grupos e asociacións culturais para coñecer as diferentes estancias que o pintor realizou en terras galegas e como estas axudaron a agrandar a súa produción artística. Ademais, esta mostra relaciona a obra do pintor valenciano coa de varios artistas galegos de comezos do século XX.
Datas: do 24 de novembro de 2023 ao 9 de marzo de 2024
Horario:
- Mañás: de martes a venres ás 10:30 e 12:30 horas.
- Tardes: martes, mércores e venres ás 17:00 e 18:30 horas.
Información xeral:
A visita ten unha duración aproximada de 1 hora, en cada horario só poderá entrar un grupo de 20 persoas.
Todas as visitas son de balde previa reserva.
Inscrición:
- Inscrición online aquí, indicando na mensaxe que a solicitude é para visitas á mostra Viaxar para pintar. Sorolla en Galicia.
- A través do correo electrónico: mu.belas.artes.difusion@xunta.gal