VISITAS GUIADAS PARA PÚBLICO XERAL "CONVIDADAS: Dúas miradas de Zuloaga"
Desde o 30 de novembro de 2024 ao 22 de marzo de 2025
-
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Monitor:
Mar López Vidal y Eva Méndez Cores
Público:
Xeral
Dentro do marco da exposición Convidadas: Dúas miradas de Zuloaga, o Museo de Belas Artes da Coruña organiza visitas didácticas para público xeral para coñecer en profundidade os dous retratos femininos realizados por Ignacio Zuloaga, pertencentes á colección do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía e que supoñen dúas miradas contrapostas sobre a imaxe da muller.
Datas: desde o 30 de novembro de 2024 ao 22 de marzo de 2025 (agás o 28 de decembro de 2024 e o 4 de xaneiro de 2025).
Horario: sábados ás 18:30 horas
Información xeral: A visita ten unha hora de duración, cun mínimo de 10 persoas e un máximo de 20 persoas.
Inscrición:
- Todas as visitas son de balde previa inscrición que se abrirá o LUNS previo a cada sábado, a partir das 10:00 horas.
- A inscrición realizarase a través do seguinte formulario.
- O envío do formulario non garantiza a reserva de praza, polo que é necesario recibir confirmación por parte do Museo.
- No caso de finalmente non poder asistir, agradécese que chamen ao museo con antelación para comunicalo e así poder cubrir a praza e poidan asistir outras persoas.