VISITAS GUIADAS PARA PÚBLICO XERAL "Viaxar para pintar. Sorolla en Galicia"
Dentro do marco da exposición Viaxar para pintar. Sorolla en Galicia o Museo de Belas Artes da Coruña organiza visitas didácticas para público xeral para coñecer as diferentes estancias que o pintor realizou en terras galegas e como estas axudaron a agrandar a súa produción artística. Ademais, esta mostra relaciona a obra do pintor valenciano coa de varios artistas galegos de comezos do século XX.
Datas: do 13 de xaneiro ao 9 de marzo de 2024* (agás o sábado 10 de febreiro).
*ata o 6 de abril de 2024. Agás o venres 29 de marzo e o sábado 30 de marzo (Semana Santa).
Horario:
- Venres ás 18:30 horas
- Sábados ás 18:00 horas*
*o sábado 23 de marzo a visita será ás 12:00 horas.
Información xeral:
A visita ten unha hora de duración, cun mínimo de 10 persoas e un máximo de 20 persoas.
- Todas as visitas son de balde previa inscrición que se abrirá o luns previo a cada venres e sábado, a partir das 10:00 horas.
- A inscrición realizarase a través do seguinte formulario ou enviando a folla de inscrición ao correo electrónico actividades.museobelasartes.coruna@xunta.gal
- O envío do formulario ou folla de inscrición non garantiza a reserva de praza, polo que é necesario recibir confirmación por parte do Museo.
- No caso de finalmente non poder asistir, agradécese que chamen ao museo con antelación para comunicalo e así poder cubrir a praza e poidan asistir outras persoas.
* AVISO: Debido á alta demanda de solicitudes, para as visitas guiadas limítase o número de inscricións a dúas persoas por email enviado.
INSCRICIÓN COMPLETA PARA AS ÚLTIMAS VISITAS GUIADAS DOS DÍAS 5 E 6 DE ABRIL.
| Anexo | Tamaño |
|---|---|
| 02.-folla-inscricion-actividades-adultos-museo.pdf | 49.87 KB |