Visitas guiadas "Picasso branco no recordo azul"

11.04.2023-24.06.2023
-
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Público:
Xeral
Prazas:
20
Lugar:
Museo de Belas Artes da Coruña

A exposición Picasso branco no recordo azul. A Coruña 2023 será unha oportunidade única para que o público se achegue á obra de Pablo Picasso. O período que pasou na cidade herculina, entre 1891 e 1895, foi crucial na súa formación como artista, e tamén na súa traxectoria vital, como paso da nenez á adolescencia. Esta mostra analiza como a etapa coruñesa foi transcendente no seu futuro e como foi esencial nos temas e iconografías de etapas posteriores.

A visita constará na explicación dos contidos da mostra, a través das diferentes seccións propostas polos comisarios: Academia e clasicismo, realismo, paisaxe, caricaturas, retrato, cubismo, grandes mestres, mosqueteiros e o pintor e a súa modelo.

 


Datas: do 11 de abril ao 24 de xuño

Horario:

  • GRUPOS E ASOCIACIÓNS: De martes a venres ás 17:30 e 18:30 (previa reserva). Para visitas en horario de mañá contactar co museo.
  • VISITA PÚBLICO XERAL: Venres ás 18:30 e sábados ás 12:30h e 17:30h (con reserva de praza)

A visita ten unha hora de duración, cun mínimo de 10 persoas e un máximo de 20 persoas.

Todas as visitas son gratuítas previa inscrición a partir do 10 de abril no correo electrónico actividades.museobelasartes.coruna@xunta.gal