Visitas guiadas PÚBLICO XERAL "A Barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo"

19.09.2025-12.12.2025
-
Venres e sábados ás 18.30 horas
Sentímolo ... Este formulario está pechado a novos envíos.
Tipo:

Dentro do marco da exposición A barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardoo Museo de Belas Artes da Coruña organiza visitas guiadas para público xeral para coñecer o percorrido creativo do artista, desde as artes plásticas ata o deseño industrial.


Datas: do 19 de setembro ao 12 de decembro de 2025

Horario:

  • Venres e sábados ás 18:30 horas

Información xeral:

A visita ten unha duración aproximada de 1 hora, cun mínimo de 10 persoas e un máximo de 20 persoas.

Inscrición:
  • Todas as visitas son de balde previa inscrición que se abrirá o LUNS previo a cada sábado, a partir das 10:00 horas. 
  • A inscrición realizarase a través do seguinte formulario, indicando a data correspondente.
  • O envío do formulario non garantiza a reserva de praza, polo que é necesario recibir confirmación por parte do Museo. 
  • No caso de finalmente non poder asistir, agradécese que chamen ao museo con antelación para comunicalo e así poder cubrir a praza e poidan asistir outras persoas.

INSCRICIÓN PARA VENRES 12 E SÁBADO 13 DE DECEMBRO COMPLETA