Visitas guiadas PÚBLICO XERAL "CONVIDADAS: Anglada-Camarasa. Entre o popular e o moderno"

Xoves e sábados en semanas alternas (consultar datas)
-
18:30 horas
Este formulario aínda non foi aberto a envíos.
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Monitor / Docente:
Laura Domínguez e Antía Lavandeira
Público:
Xeral
Prezo:
Gratuito
Lugar:
Sala 5

Dentro do marco da exposición Convidadas: Anglada-Camarasa. Entre o popular e o moderno, o Museo de Belas Artes da Coruña organiza visitas didácticas para público xeral para coñecer en profundidade as dúas obras de Anglada-Camarasa, que forman parte da Colección Anglada-Camarasa Fundación "la Caixa".


Xoves e sábados en semanas alternas, ás 18:30 horas

  • Decembro: xoves 3, sábado 5, xoves 17 e sábado 19 decembro 2026.
  • Xaneiro: xoves 14, sábado 16, xoves 28 e sábado 30 de xaneiro 2027.
  • Febreiro: xoves 11, sábado 13, xoves 25 e sábado 27 de febreiro 2027.

Información xeral: 

  • A visita ten unha hora de duración, cun mínimo de 10 persoas e un máximo de 15 persoas. 
  • A inscrición abrirase o luns de cada semana, ás 10 horas, a través do formulario da páxina web do museo.
Inscrición:
  • Todas as visitas son de balde previa inscrición que se abrirá o LUNS previo a cada xoves e sábado, a partir das 10:00 horas. 
  • A inscrición realizarase a través do seguinte formulario. 
  • O envío do formulario non garantiza a reserva de praza, polo que é necesario recibir confirmación por parte do Museo. 
  • No caso de finalmente non poder asistir, agradécese que chamen ao museo con antelación para comunicalo e así poder cubrir a praza e poidan asistir outras persoas.