Visitas "O MUSEO A FONDO" para ASOCIACIÓNS CULTURAIS.

Desde o 7 de abril de 2026
-
Martes a xoves, 17:30 horas
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Prazas:
15

Desde o Museo de Belas Artes da Coruña iniciamos unha serie de visitas didácticas tituladas ‘O museo a fondo’ coas que propoñemos deternos nunha obra procedente dos fondos do museo para descubrila cunha mirada atenta. 
  
Nesta ocasión achegarémonos a “A artista”, do pintor palentino Serafín Martínez del Rincón y Trives. Unha pintura do século XIX que recentemente se incorporou ao Museo de Belas Artes como depósito do Museo del Prado e que pode verse na Sala 4.


Datas: desde o 7 de abril de 2026.

Horario:

  • Tardes: martes a xoves ás 17:30 horas

Información xeral:

A visita ten unha duración aproximada de 1 hora, en cada horario só poderá entrar un grupo de 15 persoas.
Todas as visitas son de balde previa reserva.

Inscrición: