XORNADA DE PORTAS ABERTAS Celebración do Día do Patrimonio Mundial

Venres, 16 de novembro de 2018
-
Xornada de portas abertas de 10 a 20 horas
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña coa colaboración
Público:
Xeral
Lugar:
Museo de Belas Artes da Coruña
Celebración do Día do Patrimonio Mundial
16 de novembro de 2018
Bibliotecas, Arquivos e Museos de Galicia reunímonos para celebrar, o 16 de novembro, o Día do Patrimonio Mundial cunha oferta conxunta de contidos e actividades que poñen en valor o patrimonio cultural e colectivo de Galicia. A tal fin, o Consello da Cultura Galega reúne para a súa difusión na rede as actividades que van realizar todas as entidades asociadas á iniciativa do Día do Patrimonio 2018.
O Museo de Belas Artes da Coruña participa nesta celebración cunha xornada de portas abertas para que os visitantes podan acceder libremente ao patrimonio artístico e cultural que alberga o museo. Así mesmo pódese acceder aos contidos da colección no sitio web do museo e tamén no portal da Red Digital de Colecciones de Museos de España.
Este ano queremos destacar unha peza do museo en representación dunha significativa colección de moedas emitidas pola Real Casa da Moeda da Coruña que incorporouse hai un tempo á colección permanente do museo e que actualmente a incorporamos á exposición na sala 1 do museo. En concreto destacamos un diñeiro de vellón, unha das primeiras moedas emitidas nesta ceca en tempos do reinado do último monarca do Reino de León, Alfonso IX (1188-1230). A través das nosas redes sociais difundirémola para dar a coñecer ao público en xeral que a principal ceca que se estableceu na Idade Media en Galicia foi na nosa cidade e que se mantivo en activo entre os séculos XIII e XVII.
Para máis información poñemos á vosa disposición un documento en formato pdf que se pode descargar aquí.