XORNADAS CIENTÍFICAS: Isaac Díaz Pardo
O Museo de Belas Artes da Coruña, no marco da exposición temporal A Barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo organiza unha xornada científica que reúne unha serie de especialistas cos que poder analizar e afondar no coñecemento da figura de Isaac Díaz pardo desde un punto de vista actualizado e interdisciplinar.
Trataranse os temas que foron claves na súa traxectoria artística e vital que, ademais, son os que recolle a propia exposición: desde os aspectos estilísticos e formais da súa pintura, xunto coa influencia de Arxentina e o exilios republicano galego, ata o papel que ocupou na recuperación da tradición e a memoria nese gran proxecto industrial e integrador das ates como foi a fábrica de Sargadelos e a creación do Laboratorios de Formas de Galicia.
Datas: 23 e 24 de outubro de 2025
Lugar: Salón de actos do Museo
Prazas limitadas. Inscrición previa
Programa
XOVES, 23 DE OUTUBRO
- 10:00 h ACTO INAUGURAL
- 10:30 h Ramón Villares (Universidade de Santiago de Compostela) | Díaz Pardo da Magdalena a Sargadelos
- 11:30 h Pausa/café
Bloque 1. A pintura de Isaac Díaz Pardo.
- 12:00 h Mª Victoria Carballo Calero (Universidade de Vigo) | A pintura como arte. Do patrocinio clasicista á mirada como forma de linguaxe
- 13:00 h Carmen Blanco (Universidade de Santiago de Compostela) | Utopía da memoria amorosa na vangarda da barca de Isaac Díaz Pardo. Ollar libertario en espidos integrais
- 14:00 h Comida
Bloque 2. A cidade de Bos Aires e os artistas no exilio
- 16:00 h Xosé Luis Axeitos (Real Academia Galega) | Isaac Díaz Pardo, unha secreta pedagoxía de liberdade
- 17:00 h Yolanda Guasch Marí (Universidade de Granada) | Protagonistas do exilio español en Arxentina
- 18:00 h Pausa/café
- 18:30 h Ruy Farías Iglesias (Universidad de Buenos Aires) | A forxa dun proxecto cultural para Galicia desde a emigración Arxentina: Isaac Díaz Pardo en Magdalena (1955-1968).
VENRES, 24 DE OUTUBRO
Bloque 3. A identidade galega e a integración das artes. Sargadelos e o Laboratorio de Formas
- 10:00 h Lourenzo Fernández Prieto (Universidade de Santiago de Compostela) | Isaac como empresario republicano e Sargadelos como proxecto industrial fundamentado nunha historia universal de Galicia
- 11:00 h Inmaculada Real López (Universidad Complutense de Madrid) | A cerámica e a súa evolución identitaria desde o Castro a Sargadelos
- 12:00 h Pausa/café
- 12:30 h Fernando Arribas Arias (Doutor en Humanidades pola USC) | A vangarda das formas. Obra cerámica de Isaac Díaz Pardo
- 14:00 h Comida
- 16:00 h Mesa de arquitectos presentada por Xosé Díaz (Comisario da exposición) | Isaac e a integración das artes. Arquitectura e deseño
- Luis W. Muñoz Fontenla (Universidade da Coruña) | A arte de emprender
- Daniel Beiras García-Sabell (Xefe do Servizo de Arquitectura da Deputación Provincial da Coruña) | A Arquitectura de Isaac Díaz Pardo no rueiro de Sargadelos
- 17:30 h Coloquio e fin da xornada
- Inscrición: exclusivamente mediante o formulario dispoñible ao final desta páxina.
- Prazo de inscrición: desde o luns 6 de outubro de 2025 ás 10 horas.
| Anexo | Tamaño |
|---|---|
| programa-xornadas-isaac-diaz-pardo_0.pdf | 5.91 MB |