
XORNADAS Museos e Novas Tecnoloxías
XORNADAS SOBRE MUSEOS E NOVAS TECNOLOXÍAS
Fai xa algúns anos que o Museo de Belas Artes da Coruña comezou a organizar unha serie de xornadas que reunían a especialistas de distintas disciplinas vinculadas co ámbito da Cultura, para tratar un tema novo en cada convocatoria. Tras unha breve paréntese, queremos retomar esta apaixonante vía de investigación e divulgación, e continuar coas que agora serían as V Xornadas, que nesta ocasión estarán dedicadas ao tema dos museos e as novas tecnoloxías, un contido de plena actualidade no contexto no que nos vemos inmersos por mor da crise da Covid-19.
Patrocina: Secretaría Xeral de Cultura. Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.
Contido: Partindo da premisa de que as novas tecnoloxías poden ofrecernos unha oportunidade para optimizar a xestión, ademais de favorecer o aprendizaxe e mellorar accesibilidade aos espazos museísticos, ao longo de dous días, intentarase levar a cabo unha análise integral da súa implementación nos museos, desde dúas perspectivas principais:
- A xestión interna do museo, e todo o relacionado coa posta das tecnoloxías ao servizo da conservación, o estudo e o análise das coleccións, así como a súa dixitalización, dotando ao museo de todas as plataformas necesarias para a xestión integral dos seus contidos (dixitalización de contidos, intelixencia artificial, escáner 3d, impresión 3d, localización intelixente, sensorización – IOT, etc.)
- A experiencia do visitante, é dicir, o que supón a conexión do museo co visitante, tanto de forma presencial como remota, para facer da visita unha experiencia máis fluída e enriquecedora (realidade virtual, realidade aumentada, imaxe holográfica, vídeo mapping, accesibilidade a través de Smart TV 4 k-8 k, etc.)
Enlace ao canal de Youtube do Museo: Vídeos das Xornadas
Inscrición
Pódese asistir ás Xornadas sobre Museos e Novas Tecnoloxías tanto de forma presencial como online. A inscrición a calquera das dúas modalidades é gratuíta.
A inscrición presencial da dereito á acreditación e asistencia presencial ao congreso, ademais de todo o incluído na inscrición online. As prazas son limitadas e cubriranse por estrita orde de solicitude.
A inscrición online inclúe: asistencia virtual ao congreso mediante streaming de todos os contidos, posibilidade de realizar preguntas aos relatores, descarga das presentacións e recepción dun certificado de asistencia online.
Peche do prazo de inscrición
Establécense diferentes datas de peche de inscrición, dependendo da forma de participación seleccionada:
- Inscrición presencial: Pecharase a inscrición ao completar aforo, aínda que non máis tarde do venres 19 de novembro de 2021 ás 14.00h.
- Inscrición Online: Luns 22 de novembro de 2021 ás 14.00h.
Anexo | Tamaño |
---|---|
Xornadas Museos e Novas Tecnoloxías | 568.17 KB |
Jornadas Museos y Nuevas Tecnologías | 569.55 KB |
Programa (Galego) | 9.46 MB |
Programa (Castellano) | 9.46 MB |
Currículums Participantes (Castellano) | 4.39 MB |
Currículums Participantes (Galego) | 4.38 MB |