Anglada-Camarasa, Hermen
Hermen Anglada-Camarasa (Barcelona, 1871 - Pollença, Mallorca, 1959).
Inicia a súa formación artística en Barcelona e continúaa en París. O contacto coas modernas correntes pictóricas marca o seu estilo, no que predomina o uso decorativo da cor.
Permanece en París entre 1894 e 1914. Pinta escenas nocturnas de cafés e cabarets, nas que estuda o efecto da recentemente inaugurada luz eléctrica. Traballa tamén os temas rexionais e os retratos femininos. As súas composicións fanse cada vez máis complexas.
Ao estalar a Primeira Guerra Mundial instálase en 1914 en Port de Pollença, en Mallorca. A paisaxe luminosa e os fondos submarinos da illa centran en gran medida a súa obra.
O inicio da Guerra Civil lévao a refuxiarse no mosteiro de Montserrat e despois a exiliarse en 1939 en Pouges-les-Eaux, en Francia. Aquí vive as dificultades da Segunda Guerra Mundial e realiza obras de temática floral e pequenos paisaxes á marxe das novas orientacións da arte internacional. En 1948 regresa a Mallorca.