Avendaño, Serafín

Vigo (m)
-
02/08/1837
Valladolid (m)
-
23/08/1916

Serafín Avendaño Martínez (Vigo, 1837-Valladolid, 1916). Por razóns familiares trasládase a Madrid sendo neno, onde se forma na escola paisaxística romántica que lideraba Jenaro Pérez Villaamil. En 1862 inicia o seu periplo por Italia onde permanecerá ata 1891, ano no que retorna ao seu Vigo natal, pasando á colaborar coa revista ilustrada Blanco y Negro. A incidencia de Avendaño en Galicia aparece con este retorno, no seu estudo vigués como profesor particular, influíndo na mocidade que ía imprimir a primeira renovación plástica. As súas temáticas terán un marco preferente, o mundo rural e a integración do home e os seus costumes na paisaxe, e tecnicamente, o efecto da luz enchendo a composición. Non producirá unha gran cantidade de obras neste período, pero consérvanse as súas achegas á revista Blanco y Negro, ilustracións concibidas como pequenos cadros, en xeral escenas costumistas, instantáneas da realidade cotiá que narran escenas de traballo e de lecer.

Obras do/a autor/a