Azorín
José Augusto Trindade Martínez Ruíz, máis coñecido polo pseudónimo de Azorín, foi un novelista español, ademais de ensaísta, dramaturgo e crítico literario. A súa figura adscríbese á Xeración do 98. Realizou unha primeira viaxe a Galicia en 1905, visitando Mondariz e o Castelo de Sobroso (Pontevedra) e no seu primeiro artigo sobre Galicia que se publica en 1912 fala de Rosalía de Castro. Tamén estuda ao Pai Feijoo, Emilia Pardo Bazán, Ramón da Sagra, Valle Inclán e Camilo Bargiela.Fonte: Gran Enciclopedia Galega. Silverio Cañada, T. 4. Lugo, O Progreso-Diario de Pontevedra, 2003, p. 161.