Baltar, Arturo

Noalla (San Salvador)
-
1924
Cachamuiña (Lamela)
-
2017

Arturo Baltar Santos (Noalla, S. Cibrao das Viñas, Ourense, 1924 - Cachamuíña, Pereiro de Aguiar, Ourense, 2017). Empezou a traballar como pastor, logo foi axudante de talla e restauración de retablos da parroquia de Santa Mariña de Albán, en Coles, Ourense, funcionario público do  Servizo Nacional do Trigo e artista plástico. Viaxa a Cuba e regresa a Quintas da Barra en Ourense. En 1951 vive en Madrid e descobre a Goya e o Bosco. Regresa a Ourense e entra na Escola de Artes e Oficios onde tivo como profesores a Antonio Faílde Gago e Antonio Berjano. Unha vez que aprendeu o oficio, Baltar empezou a traballar de forma independente.

En 1967 a Asociación de Belenistas de Ourense encarga a Baltar realizar un Belén para o que Xaime Quessada policroma as primeiras pezas. Conforme o número de figuras foi crecendo en 1980 decídese expoñelo permanentemente na capela de San Cosme e San Damián (Ourense). Posteriormente, o conxunto realizado en barro cocido acompañouse de murais de Xaime Quessada e de escenas de Ourense a cargo de Virxilio Fernández. 

Baltar, apegado ao seu territorio, desenvolve nas súas obras a relixiosidade popular, mentres profunda no significado das persoas que conviven coa súa contorna. A maioría das súas esculturas son en barro cocido e policromado, e as súas estampas, gravados a liña a buril.

Obras do/a autor/a