Cabanillas, Ramón

Cambados (Salnés (O) (comarca))
-
03/06/1876
Cambados (Salnés (O) (comarca))
-
09/11/1959

Ramón Cabanillas Enríquez.Tras a finalización dos seus estudos primarios, é seminarista en Santiago de Compostela pero deixa este ámbito aos 17 anos para desempeñar cargos burocráticos en Cambados. Emigra a Cuba en 1910, esta saída do país é motivada, posiblemente, polas presións do republicanismo e o anticaciquismo. En Cuba é administrador do Teatro Nacional, tamén frecuenta asiduamente o faladoiro do Café Porta do Sol, onde se reunían os emigrantes galegos con inquietudes literarias e artísticas. En 1912 volve a Cambados, pero vese obrigado a marcharse de novo. En 1915 decide abandonar Cuba para regresar a Galicia. Colaborará con numerosos proxectos culturais, como A Nosa Terra e en 1917 comeza a reivindicar os principios promovidos polas Irmandades da Fala, ingresando en 1920 na Real Academia Galega. Posteriormente será membro do Seminario de Estudos Galegos, onde se relacionará con outros pensadores da época.En 1926 resulta elixido para ingresar na Real Academia Española, en representación galega. Durante a Guerra Civil, márchase a Valencia, onde é requirido para participar nos medios antifascistas galegos, comprometéndose coa defensa dos ideais republicanos. Na última etapa da súa vida, alterna a súa estancia entre Baracaldo e o Mosteiro de Samos, foi enterrado en 1959 co hábito franciscano, a petición propia. Posteriormente os seus restos pasaron á igrexa de Bonaval en Santiago onde se atopan hoxe en día. A obra deste poeta e autor teatral que é coñecido como o poeta dá raza, exerce como bisagra entre a poesía costumista e patriótica decimonónica e a vangarda iniciada nos anos 20. Fonte: Gran Enciclopedia Galega. Silverio Cañada, tomo 6. Lugo, O Progreso-Diario de Pontevedra, 2003, pp. 210 - 212.

Obras do/a autor/a

Nestes momentos o autor non ten obras expostas no museo.