Cerezo, Mateo
Escola de arte:
Escola Madrileña
Mateo Cerezo (Burgos, 1637-Madrid, 1666). Fillo dun pintor de igual nome, chega a Madrid moi novo e entra a formarse no taller de Carreño de Miranda, pintor da corte de Carlos II, o que lle facilitou o coñecemento das escolas pictóricas flamenga e italiana. Pasou a ser un dos seus máis prometedores discípulos e colaborou con el nos encargos do taller. Admirou a Van Dyck e Tiziano, cuxas influencias se perciben nas composicións e no refinado sentido colorista das súas obras. As súas obras foron moi solicitadas por unha variada clientela, sobre todo pola súa pintura relixiosa, aínda que tamén abordou outros xéneros como o bodegón.