Corral, Imeldo

Ferrol (l)
-
09/06/1889
Ferrol (l)
-
07/11/1976

Imeldo Corral González (Ferrol, A Coruña, 1889 - 1976). O falecemento prematuro de seu pai leva á familia a un traslado a Madrid en 1903. Imeldo decide dedicarse á pintura e apartase do seu destino como funcionario de Correos. Nesta vocación terá especial importancia a súa amizade con Federico Ribas con quen compartirá iniciativas no Museo del Prado, lugar no que os dous artistas teñen carné de copista. Viaxa despois a Bos Aires e regresa a Galicia coa súa nai. Estamos ante unha produción artística moi abundante, produto dun traballo que executaba ao aire libre, en pequeno formato, con grande axilidade de trazo e de gran sinxeleza. Unha primeira etapa da súa pintura pode definirse como máis naturalista, Imeldo é dos primeiros artistas que consideran a pintura de paisaxe vinculada co instante, nesta liña enmárcanse obras como Nube da tarde. Aposta pola cor local sen máis vibracións que as das que a propia lectura ofrece. Nunha segunda etapa, o pintor aposta por unha alternativa máis expresiva, son obras desprovistas de anécdota, recreándose en aspectos parciais da natureza, xogos sinuosos das augas, a presenza da néboa, reflexos lumínicos. O lenzo titulado Tarde no val é mostra deste novo rumbo.

Obras do/a autor/a