Corredoira y Ruiz de Baro, María del Carmen

Coruña (A) (l)
-
18/05/1893
Coruña (A) (l)
-
17/11/1970

María del Carmen Corredoira Ruíz de Baro (María Corrredoira) (A Coruña, 1893-1970). Iniciou a súa formación na Coruña co profesor de debuxo Félix Castro e continuou a súa aprendizaxe co pintor valenciano residente nesta cidade Enrique Saborit. Despois trasladaríase a Madrid onde foi discípula de Eduardo Chicharro e de José María López Mezquita, á vez que recibía clases teóricas de Joaquín Sorolla. En 1909 obtivo a medalla de ouro na Exposición Rexional de Santiago de Compostela co cadro titulado A neta. En 1916 regresa a Galicia e inicia a súa carreira en solitario. Na Coruña tivo unha cátedra de debuxo artístico na Escola de Artes e Oficios.

Aínda que cultivou a figuración, tivo especial preferencia polos interiores conventuales, en Coruña pintou no convento das Nais Capuchinas, na Colexiata, en San Nicolás, As Bárbaras e na Capela de Santiago. A súa pintura pertence ao xénero realista e caracterízase por unha peculiar tendencia á introspección e a espiritualidade, recreando ambientes interiores con xogos de luces, sombras e veladuras de gran poder evocador.

Obras do/a autor/a