Díaz González, Vicente
Vicente Díaz González (Valdoviño, Ferrol, 1869-Ferrol, 1941). Debuxante e pintor. Profesor da Escola de Artes e Oficios de Ferrol. Colaborou en varias publicacións, entre as que se atopa Almanaque Gallego, revista editada en Buenos Aires. Destacado miniaturista e retratista, entre os seus retratos destacan os de Curros Enriquez, a Condesa de Espoz e Mina e Concepción Arenal, este último con destino á Deputación ourensá serviu como base para a edición de selos de correos que se realizaron da escritora.