Dios, José Luis de
José Luis de Dios Martínez (Ourense, 1943- Tui, Pontevedra, 2010). Iniciou as súas tarefas artísticas na Escola de Artes e Oficios da súa cidade natal e na década dos anos sesenta trasládase a Madrid para cursar a carreira na Escola de Belas Artes de San Fernando. Xunto con Xaime Quessada e o escultor Acisclo Manzano fundou o grupo Volter, ao que Vicente Risco bautizou co nome de Os Artistiñas pola mocidade dos seus compoñentes. Como agrupación, a súa achega á pintura galega foi a incorporación de correntes internacionais como o expresionismo abstracto e o popular art. Nas súas obras reivindica un mundo mellor e advirte dos perigos da tecnificación, por iso é polo que nos seus lenzos a figura humana aprezca esnaquizada entre restos da produción industrial.