Fenollera, José M.

Valencia (m)
-
1851
Santiago de Compostela
-
1918

José María Fenollera Ibáñez (Valencia, 1851-Santiago de Compostela, 1918). Realiza a súa formación artística na Academia de Belas Artes de Valencia. Chega a Santiago en 1886, cidade que se converteu na súa residencia permanente e na que deixará unha profunda pegada tanto a través do seu maxisterio na Real Sociedade Económica de Amigos do País como da súa obra. Destaca como extraordinario retratista e pintor de tipos e escenas de costumes. Como corresponde a un pintor da súa xeración, posúe unha mentalidade ecléctica que, no seu caso, parte do influxo de Eduardo Rosales e do seu mestre Francisco Rodríguez Marqués. As súas estancias, primeiro en Roma, onde coñece o academicismo derivado de Ingres, e, despois en Madrid, onde traballa co seu amigo Emilio Salga e ve os retratos de Madrazo, leváronlle a conseguir o efecto naturalista das reproducións fotográficas. Non só imita os efectos esvaecidos da fotografía do momento, senón que a chega a utilizar como un medio de apoio realista.Fuentes consultadas:López Vázquez, José Manuel B. (2004): A pintura compostelá 1855-1952. En Cat. Exp. Pintores composteláns. Historia e renovación entre vos séculos XIX e XX, Santiago de Compostela, pp. 210, 220.

Obras do/a autor/a

Nestes momentos o autor non ten obras expostas no museo.