Fernández Martínez, Jesús
Jesús Fernández Martínez (Jesito) (? 1897-? 1967). Foi profesor de Debuxo no Instituto Masculino de Ensino Medio da Coruña e nas escolas da Casa de Misericordia. Participou na Exposición Nacional de Belas Artes en 1929 e en varios certames celebrados en Montevideo, Buenos Aires e Madrid. Logrou o primeiro premio no concurso de carteis de festas da Coruña en 1932 e o segundo premio nun concurso nacional celebrado pola Asociación de Pintores e Escultores de Zaragoza en 1947. Tamén conseguiu unha bolsa da Deputación Provincial para estudar como evolucionou a talla na imaxinería castelá. Fuentes consultadas: Boletín da Real Academia Provincial de Belas Artes da nosa Señora do Rosario, ano 1949; Imprenta Sindical (A Coruña, 1950), p. 35.