Fernández Sánchez, José

Coruña (A) (m)
-
22/12/1913
Coruña (A) (m)
-
1994

José Fernández Sánchez (A Coruña, 1913-1994). Naceu en Elviña e comezou traballando como empregado nos talleres de pintura industrial de Campsa. Matriculouse moi novo na Escola de Artes e Oficios da Coruña, na que foi alumno de profesores da época, como Rafael Barros, Jesús Fernández ou Mariano Izquierdo. En 1940 decide mostrar a súa obra ante o público coruñés e, a partir de aí, a súa actividade pictórica será contínua, expoñendo dentro e fóra de Galicia. Os trazos distintivos do seu estilo pictórico nútrense da tradición paisaxística coruñesa de Lloréns, Abelenda ou Seijo Rubio. Recrea vales, panorámicas lucenses das terras de Doiras e Triacastela, ou o entoo da cidade coruñesa. Moitos dos seus cadros pódense recoñecer facilmente pola presenza de xentes anónimas e silenciosas que se reúnen ao redor dalgún acontecemento da rúa: un baile, un sorteo, unha procesión.

O debuxo de Fernandez Sánchez é de trazo groso. Do emprego do pincel nos seus anos de madurez, evolucionou cara ao da espátula a principio dos anos setenta. Consegue así unha maior plasticidad e achégalle a un vibrante tratamento colorista. A temática de cabalos dispostos sobre un escampado, en variadas actitudes, foi a máis abundante no total da súa produción dos anos oitenta. Son aglomeracións de cabalos organizados en roda ou que foxen apelotonados en mandas. Fernández Sánchez sentiu desde sempre paixón polos cabalos. A súa presenza no curro de Sabucedo na Estrada era habitual. 

Obras do/a autor/a