Flinck, Govaert
Govaert Flinck (Cléveris, Alemaña,1615- Ámsterdam, 1660). Flink fórmase con Rembrandt en Ámsterdam e colabora con el algúns anos ata que en 1636 abre o seu propio taller. A finais da década de 1640 o seu estilo distánciase do do seu mestre e adáptase aos novos gustos da burguesía holandesa. Achégase ao estilo suave e elegante do retratista holandés Bartoholomeus van der Helst e aos modelos flamencos de Rubens e Van Dyck con cores máis luminosas e acabados brillantes. Obtivo o mecenado de Juan Mauricio de Nassau quen foi nomeado estatúder de Cléveris en 1649. A partir de entón recibiu importantes encargos das clases gobernantes de Ámsterdam e doutras cidades dos Países Baixos. Cultivou os temas relixiosos e alegóricos e tivo grande éxito como retratista.