Francés y Pascual, Plácido

Alcoi
-
1834
Madrid (m)
-
1902

Plácido Francés y Pascual (Alcoi, Alacante, 1834-Madrid, 1902). Primo do pintor Emilio Sala Francés, do que sería profesor e titor. Estudou na Escola de Belas Artes de San Carlos de Valencia, da que chegou a ser catedrático en 1861. Concorreu ás Exposicións Nacionais de Belas Artes con cadros de xénero, costumistas e de inspiración cervantina. Foi un dos impulsores do Museo de Pinturas valenciano, antes de trasladarse a Madrid en 1870, como catedrático da Escola de San Fernando, onde sería un dos fundadores da Asociación de Acuarelistas. Foi igualmente un afamado retratista e un pintor decorador que traballou no salón de festas do palacio do marqués de Dos Aguas. Como ilustrador, colaborou na revista Blanco y Negro.

Obras do/a autor/a