Franzen y Nissen, Christian
Christian Franzen e Nissen (Dinamarca, 1864 - Madrid, 1923). Diplomático danés que desenvolveu o seu labor fotográfico en Madrid onde tivo o seu estudo no número 11 da rúa do Príncipe. Foi o primeiro en realizar en España fotografas ao magnesio e un dos fotógrafos preferidos da Familia Real e da aristocracia. Ao longo da súa vida fotografou a case toda a nobreza española da corte de Afonso XIII.
Colaborou coa revista Blanco y Negro e o seu labor fotográfico desenvolveuse tamén dentro dos salóns da aristocracia madrileña, lugares nos que se reunían as figuras máis importantes da sociedade económica e cultural. Coas súas fotografías ilustrou o libro Salones de Madrid.