Galán, Pepe

Coruña (A) (m)
-
1955

José Antonio Galán Suárez (A Coruña, 1955). As súas formulacións iniciais parten do mundo da pintura, inmerso en colectivos como La Galga en 1978. Ao longo da década deriva cara a posicións escultóricas abstractas á vez que forma parte da experiencia artística de GrupOrzán á beira doutros artistas coruñeses. Traballa primeiro sobre soportes metálicos e teas crúas que os recubren. Nos anos noventa céntrase no traballo con chapas recortadas de aceiro. A súa práctica escultórica explora o terreo da dualidade nas asociacións dos seus ferros metálicos con tecidos, na contraposición entre o pechado e aberto das súas formas, entre as ondulacións e xeometrías das súas esculturas planas ou tridimensionais. 

Obras do/a autor/a