García Camio, Pedro
Pedro García Camio (Madrid, 1897-1963)
Pintor español formado na Escola de Belas Artes de San Fernando de Madrid. Tras os seus primeiros anos de aprendizaxe, ampliou estudos en cidades europeas como París ou Londres, e máis tarde residiu en Bélxica, Holanda e Italia, grazas a bolsas concedidas pola Junta de Ampliación de Estudios.
A súa obra céntrase principalmente no retrato e na representación da figura feminina, combinando unha sólida técnica académica cunha sensibilidade moderna. Expuxo en Madrid e Barcelona a finais da década de 1920 e, desde entón, a súa presenza foi constante nas principais mostras nacionais.
Participou en numerosas edicións das Exposicións Nacionais de Belas Artes, onde foi recoñecido con varios premios, entre eles a terceira medalla de 1924 e a segunda en 1926 coa obra Retrato de Francisco Rey Barral. Tamén obtivo a medalla de ouro do Salón de Outono de 1933 e o Premio Duque de Alba en 1956.
Doutra banda, desenvolveu unha faceta como ensaísta e divulgador artístico, publicando en 1929 o libro Artistas catalanes.