Giménez Fernández, José
José Giménez Fernández (Madrid, 1846-1873). Iniciou a súa formación artística en 1861 da man de Carlos de Haes na Escola Superior de Pintura da Academia de San Fernando de Madrid. Os anos de aprendizaxe co mestre do paisajismo español, influíron para que esta temática, tomada ao aire libre, fose a que acaparase o total da súa produción artística.