González Cebrián, Juan
Juan González Cebrián (Pobo Novo, Córdoba, 1908-A Coruña, 1988). Realizou os seus estudos en Madrid, obtendo o título de aparellador e posteriormente o de arquitecto. Foi profesor da Escola Superior de Arquitectura e director da Revista Nacional de Arquitectura. Era un gran debuxante e durante a súa mocidade colaborou con ilustracións en ABC ou Blanco e Negro, entre outras. Instalouse na Coruña en 1942 onde levou a cabo as súas actividades profesionais e culturais; ese mesmo ano foi nomeado Arquitecto Conservador da Cidade de Santiago, lugar onde se dedicou a labores de protección documental e actividades restauradoras e a el débese, en gran parte, a creación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia do cal foi Decano Presidente. Durante esa época, os nomes de González Cebrián e de Santiago Rey Pedreira, o seu socio de estudo, estaban relacionados coa gran maioría dos grandes proxectos arquitectónicos que levaban a cabo na Coruña. Nos anos corenta realizou, por encargo do alcalde Molina, un novo proxecto sobre o parque de Santa Margarita. Entre as súas obras oficiais figuraron a realización do grupo de vivendas Juan Canalejo de Vos Mallos, a Casa de Ejercicos Espirituais de Santiago, as igrexas de Mugardos e Oleiros, a Casa do Pescador de PontedeumeFoi Académico da Real Academia de Belas Artes da nosa Señora do Rosario da Coruña, da Real Academia de Belas Artes de San Fernando en Madrid, membro de honra do Comité Internacional de Xardíns Históricos e Vicepresidente da Asociación Internacional de Urbanismo e Comercio.Obtivo o Premio Nacional de Arquitectura polo seu traballo Arquitectura do Xardín Español, onde demostra o seu interese polos xardíns e espazos abertos e as súas calidades investigadoras.Fuentes consultadas: Fernández-Gago Varela, Carlos: Don Juan González Cebrián (1908-1988) en ABRENTE (Boletín da Real Academia Galega de Belas Artes da nosa Señora do Rosario), Volume 19/20. Anos 1987-88, pp. 173, 174.