González del Blanco, Roberto

León (m)
-
1887
Santiago de Compostela
-
1959

Roberto González del Blanco (León, 1887 - Santiago de Compostela, 1959). Instálase coa súa familia en Santiago de Compostela aos dous anos do seu nacemento, tras morrer seu pai. Asiste ás clases impartidas por Mariano Tito Vázquez co que se inicia na copia do natural. Trasládase a Madrid, onde á vez que se licenza en medicina continua coa súa formación artística. Regresa a Santiago en 1933 como profesor da Escola de Artes e Oficios e logo seríao do Instituto Xelmirez.

Nun primeiro momento está interesado na realización dunha pintura transmisora de contidos espirituais, realizada cunha factura modernista. Despois abandonará esta veta renovadora afiliándose ao rexionalismo, aínda que nunha vertente dun costumismo anecdótico que traduce á luz e á cor de Galicia as fórmulas de Chicharro e Sorolla.

No período da posguerra abandona esta tendencia, substituíndoa por unha visión máis estilizada da realidade, o que está en correspondencia coas innovacións realistas que caracterizan á pintura dos anos corenta. A partir de 1952 retoma o costumismo de raíz sorollesca.

Obras do/a autor/a