Gowy, Jacob Peeter

-
1615[ca]
-
1661[ca]
Escola de arte:
Escola Flamenga

Jacob Peeter Gowy (c. 1615-c. 1661). Foi alumno de Paul van Overbeeck en Anveres, cidade onde exerceu como mestre do Gremio de Pintores de San Lucas a partir de 1636-1637. Foi un dos pintores elixidos por Pedro Pablo Rubens para levar ao lenzo os seus deseños para a Torre da Parada. Para este palacete de caza de Felipe IV realizou dúas pinturas de ­tema mitológico: Hipómenes e Atalanta e A caída de Ícaro, cuxas figuras denotan a forte influencia de Rubens na aplicación da pintura. Ambas as obras foron trasladadas desta residencia ao Palacio Real e ao Bo Retiro e, posteriormente ingresaron no Museo do Prado procedentes da colección real. En 1644 Gowy viaxou a Inglaterra onde realiza dous retratos que reflicten un estilo máis próximo aos modelos de Van Dyck. De acordo con algunhas fontes, Gowy viviu os seus últimos anos retirado en Anveres, como cura da igrexa de San Walburgis.

Obras do/a autor/a

Outras obras do/a autor/a neste museo

  • Hipómenes y Atalanta (#6461 - Cuadro - Lienzo - Pintura al óleo)