Lage Cagiao, Manuel

Coruña (A) (m)
-
1928
Coruña (A) (m)
-
2012

Manuel Lage Cagiao (A Coruña, 1928-2012). Na súa mocidade compaxina os estudos de Comercio en Santiago de Compostela coa pintura. Trasládase a Madrid para seguir a súa formación na Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Gañou o concurso de exposicións do SEU da Coruña durante tres anos seguidos, foi primeiro Premio de Pintura entre os alumnos da Academia de San Fernando e gañou o premio da Exposición Nacional de Granada. Aínda que a súa especialidade foi o retrato, cultivou tamén o bodegón e os interiores. Foi coñecido nos anos 70 polo seu traballo como decorador de locais comerciais coruñeses. Na súa pintura combina figuración e abstracción. 

Obras do/a autor/a