López, Blanca

Castroverde (Lugo (comarca))
-
1932

Blanca López (Castroverde, Lugo, 1932). Tras uns primeiros anos en Galicia, aos 17 anos se muda a Barcelona, onde comeza a recibir encargos de ilustracións para a revista Lecturas e diversos libros. Tamén realiza bosquexos para a casa de moda Pertegaz. Toda a súa formación é autodidacta. En 1965 trasládase a Madrid coa intención de cambiar de aires e aluga un estudo encima do Café Gijón, onde empeza a pintar ao óleo. En 1984 realiza en Lugo a súa primeira exposición e en 1988 expón por primeira vez en Madrid. O crítico de arte Javier Rubio describía no ABC os seus cadros como intimistas e dotados dunha atmosfera especial, galega. Non adoitan aparecer personaxes humanos, senón que prefire representar obxectos inanimados, como flores, xoguetes, instrumentos musicais ou paxarelas de papel. Os seus cadros son suaves e delicados, tanto que o óleo pode chegar a parecer pastel. En 2006 realiza unha retrospectiva da súa obra na Casa de Galicia de Madrid. 

Obras do/a autor/a