López Carballo, Francisco Luis

Santiago de Compostela
-
1920
Santiago de Compostela
-
08/10/1992

Francisco Luís López Carballo (Santiago de Compostela, 1920-1992). Fillo do pintor Juan Luís, sentiu vocación pola pintura desde a súa nenez e formouse na Escola de Belas Artes de San Fernando en Madrid. Foi nomeado Académico Numerario da Real Academia de Belas Artes da nosa Señora do Rosario da Coruña pola sección de pintura. Consideraba á natureza como a maior inspiración da creación artística e atopou nos ismos a súa forma de expresión pictórica. Sentía gran admiración por Goya e a súa obra reflicte influencias expresionistas, por exemplo no cadro A estudante ou O último camiño, obra de formas contorneadas e primitivas que lembran a Marc Chagall. Fuentes consultadas:ABRENTE. Publicación da Real Academia Galega de Belas Artes da nosa Señora do Rosario, nums. 23, 24 - 1991 - 1992; Venus Artes Gráficas SA (A Coruña), p. 253 - 258.

Obras do/a autor/a

Nestes momentos o autor non ten obras expostas no museo.