Machado, Bernardino

Brasil
-
28/03/1851
Portugal
-
29/04/1941

Bernardino Luís Machado Guimarães (Río de Janeiro, 1851 - O Porto,1941). Estudou Filosofía e Matemáticas na Universidade de Coimbra. Tras a chegada da República, foi nomeado ministro de Asuntos Exteriores e ministro do Interior e chegou a ser presidente da República de Portugal dúas veces. Primeiro desde agosto de 1915 ata o 5 de decembro de 1917, cando unha xunta militar, disolve o Congreso e destitúeo, obrigándoo a abandonar o país. Máis tarde, en 1925, volve á presidencia da República, e un ano despois, volve ser destituído pola revolución militar de 1926, que instaura a ditadura militar.

Obras do/a autor/a

Nestes momentos o autor non ten obras expostas no museo.