Mampaso, Manuel

Coruña (A) (m)
-
1924
Madrid (m)
-
2001

Manuel Mampaso Bueno (A Coruña, 1924-Madrid, 2001). Residente en Madrid desde a súa infancia, estudará na Escola de Belas Artes de San Fernando. En 1949 realiza unha viaxe a París na que coñecerá o informalismo, que o levará a pintar os seus primeiros cadros abstractos. Será un dos impulsores da abstracción en España e levará estas formas por todo o mundo en toda unha serie de mostras.

En 1964 abandona a abstracción para iniciar unha pintura de tendencia expresionista e figurativa na que o rostro humano é unha das súas principais prioridades. A partir deste ano colabora en escenografía teatral e cinematográfica e comeza o seu labor como debuxante de ABC. A principios dos anos setenta interésase por unha pintura na que o bodegón se centra na análise das árbores, entendidas como elementos que sintetizan a natureza. Desde os anos oitenta a preocupación de Mampaso será de novo a figuración da que xa non se apartará ata a súa morte. As paisaxes urbanas serán o tema preferente dos últimos anos nos que o debuxo e a cor son os elementos directores da súa estética.

Obras do/a autor/a