Marras, Juan
Juan Marras, John Marras ou Giovanni Marras é un miniaturista de orixe napolitana que traballou en Estados Unidos, o Imperio Otomano, Inglaterra e España.
A primeiros de século atópase en Nova York, onde realiza algúns retratos, mais cara o ano 1816 viaxa a España e desenvolve en Madrid gran parte da súa actividade, onde é coñecido como Juan de Marras ou Marraz.
Na década dos anos 30 trasládase a Constantinopla, onde é pintor na corte do sultán Mahmud II (1789-1839).