Mateo de Arenaza, María del Villar
María do Villar Mateo de Arenaza (A Coruña, 1919-2010). Inicia a súa formación na Escola de Artes e Oficios na Coruña e trasládase logo a Madrid en 1942. Unha vez alí estudará xunto co pintor Julio Moisés, antes de acceder á Escola Superior de Belas Artes de San Fernando. En 1956, trasládase a París para a ampliación dos seus estudos artísticos. Ao longo dos anos seguintes comezará a expoñer individualmente, especialmente na Coruña, á vez que participará en numerosas mostras colectivas. Realiza unha pintura de distintas liñas temáticas, imaxes de flores, retratos, bodegóns e paisaxes, todo na liña dun realismo lírico. Fuentes consultadas:Dicionario de pintores e escultores españois do século XX, Tomo 9. Madrid, Forum Artis, S. a., 1994, p. 2590.