Montoya, Mon
José Ramón Montoya Sereno (Mon Montoya) (Mérida, Badaxoz, 1947). Residirá en Ciudad Real ata 1975 realizando os seus primeiros estudos na Escola de Artes Aplicadas e Oficios, máis tarde trasladarase a Madrid onde cursará estudos na Academia de Belas Artes de San Fernando. Obtivo a Bolsa de Estudos Castellblanc e a Bolsa do Ministerio de Cultura para a investigación de novas formas expresivas. Cabe destacar que durante un período da súa vida dedicouse á docencia na Escola de Belas Artes de Segovia pasando depués a residir e traballar en Palazuelos de Eresma, en Segovia. A súa obra, máis que centrarse na súa vida interior ou en experiencias vitais céntrase no mundo autóctono ao que pertence, facendo referencia ás súas raíces desde un punto de vista transcendental, a través de signos máxicos provenientes da imaxinación e de signos reais provenientes da intelixencia. Ao longo da súa evolución como artista a súa obra vaise facendo cada vez máis persoal e sincrética. Fuentes consultadas:Dicionario de pintores e escultores españois do século XX, t. 9. Madrid, Forum Artis S.A., 1994, pp. 2762, 2763.