Muñoz, Jano
Alejandro Muñoz López (A Coruña, 1971). A súa formación iníciase na Escola de Artes Pablo Picasso da Coruña e logo da súa graduación irse a Barcelona. Instálase máis tarde en Madrid e despois regresa a Galicia. Durante estes anos realiza exposicións e viaxes a cidades como o Cairo, Roma ou Chicago que quedarán reflectidas nas súas obras como tamén sucederá coa cidade da Coruña, que se converte en protagonista das súas vistas urbanas. Realiza unha obra cunha linguaxe clásica dentro da dimensión do contemporáneo, o hiperrealismo, e cun ton moi persoal a través dun cromatismo sobrio de cores ocres e grises.