Neufchâtel, Nicolas de

Mons (Bélgica)
-
1527
Núremberg (Alemania)
-
1567[ca]
Escola de arte:
Escola Flamenga

(Mons, Bélxica,1527-Núremberg ?, Alemaña, despois de 1567). Pintor flamengo activo en Alemaña, onde se viu obrigado a refuxiarse polas súas simpatías calvinistas. Posiblemente sexa o Colyn van Nieucasteel que aparece inscrito en 1539 no Gremio de Pintores de San Lucas de Anveres como alumno de Pieter Coecke van Aelst. Entre 1561 e 1567 está documentada a súa estancia en Núremberg, onde foi considerado un dos retratistas máis importantes. Realizou retratos de notables da cidade, que combinaban a soltura de Tiziano coa fascinación polo detalle tipicamente flamengo. A estas peculiaridades engade a análise psicolóxica, que caracteriza á escola alemá e que vemos tamén en Hans Holbein.

Obras do/a autor/a