Palmaroli, Vicente

Zarzalejo
-
1834
Madrid (m)
-
1896

Vicente Palmaroli González (Zarzalejo, Madrid, 1834 - Madrid, 1896). Fillo dun litógrafo italiano, formouse na Escola Superior de Belas Artes da Academia de San Fernando a partir de 1848. Sucedeu ao seu proxenitor en 1853 na praza de litógrafo do Museo del Prado. En 1857 viaxa a Roma para continuar a súa formación e volve a España en 1862 con motivo de participar na Exposición Nacional.

Desde as súas primeiras obras, Vicente Palmaroli comeza a afastarse do academicismo oficial do seu tempo, encamiñándose cara a formulacións máis intimistas, de plástica moi depurada e inspiradas en motivos contemporáneos e mesmo cotiáns. Volve a Italia en 1863, onde permanece ata 1866. En 1872, é nomeado académico de San Fernando. Desde 1873 Palmaroli instálase en París onde permanece dez anos tras os cales é chamado a Roma como director da Academia de España. Desde 1894 ata a súa morte en 1896 ocupa o posto de director do Museo del Prado.

Obras do/a autor/a