Patiño, Antón
Antón Patiño Pérez (Monforte de Lemos, Lugo, 1957). Formado na Facultad de Bellas Artes de Madrid, Patiño iniciou a súa vida artística xa na súa mocidade.
O artista parte da figuración psíquica para desenvolver o seu estilo e xa nos anos 80 a súa obra se amplifica e vai cara a unha figuración salvaxe e primitivista. É a partir de aí cando se vai penetrar na cultura popular e utilizará festas como o entroido para expoñer a súa poética artística cun rumbo expresionista.
Co paso do tempo, Patiño tamén se aventurou nunha pintura máis reflexiva, relacionada coa caligrafía e a lectura, baseándose na memoria e a mirada para representar a súa visión. É especialmente nos anos 90 cando vemos que esa reflexión se centra en Galicia e na relación entre o home, a súa soidade e o espazo. A figuración psíquica non desaparece, está aínda máis presente, pero madúrase e aparece en forma de metáfora.
O artista participou en grupos como Grupo Orzán ou Atlántica xunto a nomes como Menchu Lamas, Ánxel Huete e Guillermo Monroy.