Pestana, Paco

Frairía (A)
-
1949
Lugo
-
11/10/2021

Francisco Pestana Díaz (Frairía, Castroverde, Lugo, 1949 - Lugo, 11/10/2021). Escultor autodidacta que converte a escultura en instrumento de expresión dun mundo propio, prolífico en narracións e fantasías. Con predilección polo uso da madeira, os contrastes entre natureza e civilización exprésanse cunha linguaxe persoal para narrar os mitos e lendas da Galicia popular. Todo iso expresado en imaxes de evocación surrealista, tallando a madeira e incorporando pequenos textos ou obxectos que falan do mundo da cultura agraria, das tradicións artesanais, o mundo da relixión, etc., que son recontextualizados en ensamblaxes que adquiren un aire de nova imaxinería tribal.

Obras do/a autor/a

Outras obras do/a autor/a neste museo

  • Sin Título (#3840 - Estampa - Papel - Xilografía)