Piñón, Xoán

Coruña (A) (l)
-
1951

Juan Emilio Piñón Prado. (A Coruña, 1951). Licenciado en medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu durante cinco anos a súa profesión ata que decide dedicarse de maneira total á fotografía e á música. Comeza en 1984 alternando o deseño gráfico e o cartelismo coa fotografía. É cofundador do grupo Canbranco, do que nacería a iniciativa da primeira Fotobienal de Vigo, é tamén cofundador de Novos Fotógrafos Coruñeses. Especialízase en fotografía dixital e no retoque dixital de imaxes. O seu labor abarca tamén o sector do cartelismo publicitario de marcas tanto nacionais como internacionais. Destas campañas destacan os traballos con Warner, Vogue Spain, a firma Inditex, Filmax, Microsoft, Estrella Galicia, colaboracións co museo Reina Sofía, coa Televisión de Galicia ou Boa Vista Internacional, entre outros. Tamén se dedicou á docencia nas Universidades de Santiago e Pontevedra, impartiu cursos e conferencias sobre a iluminación profesional e tratamentos avanzados de fotografía. Toda esta inquietude vital lévano a ser premiado co premio Lux Moda no ano 1995. O seu traballo defínese como unha variedade de contidos e formas. Toda a súa traxectoria está marcada polo interese pola experimentación, profundando no retrato desde unha narrativa poética e transcendental.

Obras do/a autor/a