Plañiol Méndez, Luis

Sevilla
-
1827
Sevilla
-
1896

Luis Plañiol Méndez (Sevilla, 1827 – 1896). Nacido en Sevilla en 1827, traballa como gravador en oco e chegou a ser o gravador principal da Casa de Moeda de Madrid.

Estuda gravado, debuxo e modelado durante o ano 1844 na Real Academia de las Nobles Artes de San Fernando, co primeiro escultor de cámara do rei, Francisco Elías, ademais dos mestres José Tomás e José San Martín.

Tras pasar –segundo os últimos estudos- un ano de supernumerario no Departamento de Gravado da Casa da Moeda de Sevilla, en 1846 entra no departamento homónimo da Casa da Moeda de Madrid, polo que combinará o traballo para ambos os lugares. A partir de entón, dedicará gran parte do tempo para desprazarse a outros destinos nos que visitar fábricas e realizar outros traballos e encargos, como a fábrica de cuños e  virolas ou a Fábrica do Selo, en Barcelona. Ademais, desempeña as funcións de gravador segundo na Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, durante o ano previo á súa xubilación.

Plañiol é o autor de numerosos modelos das últimas moedas do reinado de Isabel II e de medallas conmemorativas como a que forma parte da colección do Museo de Belas Artes da Coruña.

Obras do/a autor/a