Prieto Nespereira, Julio

Ourense (l)
-
07/12/1896
Madrid (m)
-
05/08/1991

Estudou o bacharelato en Ourense pero ingresou por oposición como topógrafo técnico no Ministerio de Facenda en Madrid, o que lle permitiu asistir a clases na Escola de Belas Artes de San Fernando e recibir leccións pictóricas no taller de Fernando Álvarez de Sotomayor. En 1919 ingresa no servizo militar en Ourense como soldado de leva, nestas datas colabora como ilustrador en revistas como Olería e Nós. En 1920 participa na fundación da Billarda, semanario humorístico, que redactaba con varios amigos durante os meses de verán en Ourense e no que colaboraba como ilustrador asinando entón os seus traballos como Xulio e Lio. En 1921 realiza unha visita en Barcelona a unha mostra de aguafortistas ingleses que lle fai dirixir a súa atención artística ao gravado, inclinándose en principio pola xilografía. En 1922 preséntase á Exposición Nacional de Belas Artes cun aguafuerte titulado A cidade branca. Fundou con outros gravadores en 1928 a agrupación Os 24, co fin de impulsar as exhibicións colectivas e fomentar o intercambio con outros países. Desta agrupación xurdirá en 1932 a Agrupación Española de Artistas Gravadores. Cunha pensión da Xunta de Ampliación de Estudos visitou en 1935 varios países europeos. Durante a súa traxectoria profesional dedicou a súa atención ao gravado, non só como creador senón tamén como organizador de numerosas mostras gráficas nacionais e internacionais.

Obras do/a autor/a

Outras obras do/a autor/a neste museo

  • El polvorín (#3735 - Estampa - Papel - Aguafuerte, Grabado calcográfíco)
  • Sin Título (#3736 - Estampa - Papel - Aguafuerte, Grabado calcográfíco)