Rizi, Francisco

Madrid (m)
-
1614
San Lorenzo de El Escorial
-
1685
Escola de arte:
Escola Madrileña

Francisco Rizi (Madrid, 1614-El Escorial, Madrid, 1685). Fillo do pintor italiano Antonio Ricci, que chegou a España traballar no Escorial. Tras iniciar a súa formación co seu pai, pasaría ao obradoiro do pintor do rei e tratadista Vicente Carducho, de quen chegou a ser un dos alumnos máis brillantes. Desde moi novo estivo vinculado á corte, chegando a ser pintor do rei en 1656. Traballou frecuentemente en decoracións efémeras, por exemplo, as da chegada a Madrid da raíña Mariana de Austria en 1649. Pintou tanto ao óleo como ao fresco. Á parte do seu traballo na corte, estivo especialmente ligado á catedral de Toledo, traballando alí en todo tipo de obras, pinturas sobre lenzo e ao fresco. En 1661 atendeuse a súa petición de asentarse no propio Alcázar de Madrid. A súa pintura mostrará o pleno desenvolvemento das novas formas barrocas que cobran protagonismo na época. Coa súa pincelada solta, de plena suntuosidade colorista, logra crear efectos de movemento cargados de expresividade. Con el formáronse artistas tan singulares como Juan Antonio Escalante, José Antolínez ou Claudio Coello.

Obras do/a autor/a